ACTUACIÓNS DA CORAL POLIFÓNICA MUNICIPAL ATALAIA DE LAXE

Dende o 22-02-2019 ata o 31-12-2019

Cada ano, a Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, en colaboración coa Asociación Municipal de Amigos da Coral Polifónica Municipal Atalaia de Laxe, programa diferentes actuacións ó longo do ano, participando en diversos festivais e certames de música coral noutros concellos de Galicia e noutras comunidades de España.

Para o presente ano, as actuacións que ten programadas son as seguintes:

  • Sábado 1 de xuño: no Concello de Serra de Outes.
  • 3º ou 4º semana de xuño: en Ourense.
  • Sábado 27 de xullo: no XVIII Certame da Canción Mariñeira en Laxe, no que participarán tamén corais procedentes de Rianxo, Ourense e Avilés na Praza de Ramón Juega.
  • Sábado 14 de setembro: no Concello de Rianxo.
  • Sábado 21 de setembro: en Avilés.
  • Sábado 23 de novembro: concerto de Santa Cecilia en A Coruña.
  • Sábado 14 de decembro: no XVI Festival de Panxoliñas de Laxe na Igrexa Sta. María da Atalaia. Nel participarán tamén agrupacións corais procedentes de Outes e A Coruña.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal