NOVO OBRADOIRO DE MOSAICO PROXECTO "CARBALLOS"

Dende o 30-04-2019 ata o 31-05-2019

Despois da boa experiencia e positivos resultados do obradoiro de mosaico realizado no ano 2017 coa Asociación Municipal Medioambiental Contramínate, temos en proxecto a realización dun novo obradoiro de mosaico co proxecto"Carballos”.

O Concello de Laxe, en colaboración coa Asociación Medioambiental Contramínate colaborarán na realización desta actividade, coa que entendemos  mellorarase a calidade visual, paisaxística e a humanización dos espazos municipais.

A actividade, tendo finalidades vinculadas á educación ambiental e social, consistirá na realización dun mural-mosaico nunha das paredes que conforman un dos pequenos espazos de dominio público urbanos con zona verde, situado xusto na intersección das rúas Avda. Cesáreo Pondal e Villa Amparo, co que consideramos, melloraranse as condicións de dito espazo, saneándoo e recuperándoo para o recreo da poboación en xeral.

A partir do xoves día 2 e ata o venres 11 de maio, habilitaranse, dende o Departamento de Cultura Municipal, as inscricións para a participación no mesmo.

Con carácter xeral, poderá participar nel toda persoa sempre e cando cumpra o requisisto de ser maior de idade.

Portal cidadán de Laxe © by Abertal