PROGRAMACIÓN CULTURAL DE VERÁN

Dende o 05-07-2019 ata o 31-08-2019

Compartímosvos en primeiro lugar o tríptico que recolle a meirande parte das actividades deste verán cultural en Laxe e que dende o pasado luns día 8 pode recollerse nos diferentes equipamentos municipais.

INFORMACIÓN DETALLADA DE CADA ACTIVIDADE


Neste apartado facilitámosvos algunha información máis concreta de cada espectáculo que agardamos vos anime a ser partícipes deles.

Vémonos nas prazas e rúas este verán?

Agardámosvos!


Monicreques | Para público Infantil e familiar | Duración 45 Min

SINOPSE


Dona Barriga Verde é unha obra de títere de cachaporra, que integra elementos do Barriga Verde do noso país con préstamos doutras tradicións titiriteiras europeas. Os paisanos, o demo ou a morte atópanse en escena co crocodilo ou o bebé habituais do Punch Inglés. E todo cunha grande particularidade. A desafiar as convencións do xénero e por vez primeira no noso país, Barriga Verde, protagonista da obra, é unha muller. Deste xeito, sen perder os gags clásicos, a artista achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición.

A Asociación Cultural Morreu o Demo colabora neste proxecto prestando asesoramento histórico e documentación. Canda a Larraitz Urruzola encargada do manexo dos bonecos, o espectáculo conta con dirección de Santi Prego, bonecos e atrezzo realizado por Borja Insua, pintura e deseño do retábulo de Kukas e vestiario de Bety Busto.

Dona Barriga Verde é unha pícara, cantarina e pandereteira que armada de inxenio desafía as dificultades cotiás enca- rando as situación sen filtros, vence ao medo e ás inxustizas defendendo á súa integridade e amor propio fronte aos mons- tros, ao amor, á morte e ate ao mesmísimo demo. Con prota- gonista femenino, por primeira vez nas tradicións europeas, Dona Barriga Verde achega novas perspectivas aos roles de xénero e aos estereotipos desta tradición, supón unha actua- lización das formas e xeitos do títere popular, reinterpreta o patrimonio inmaterial desta técnica titiriteira que nos axudou a purgar as inxustizas a través da risa durante séculos

FICHA ARTÍSTICA


Actriz/titiriteira
 Larraitz Urruzola
Dirección 
Santi Prego
Deseño do retablo e pintura dos títeres
 Kukas               Talla en madeita e atrezzo Borja Insua                                  Vestiario Bety Busto
Colaboración atrezzo
 Pepe Penabade

A actuación forma parte da programación cultural subvencionada polo Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña: 
http://facebook.com/Culturadac

INFORMACIÓN DE "MONITOLEANDO": UN ESPECTÁCULO DE MÓNICA PARADELA

Moi Mundana é unha exploradora moi despistada na procura dun tesouro, o que lle fará percorrer medio planeta nunha divertida aventura para toda a familia, chea de emoción, humor e circo.
Unha viaxe inesquecible desta exploradora curiosa, tenra e divertida, que nos ensinará que viaxar non é só cambiar de lugar, tamén serve para convertermos en mellores persoas.
Moni Mundana quere achegar a espectacularidade e o circo ás ruas, nun espectáculo para todas as idades que mistura o clown, a acrobacia aérea, os números de lume, os malabares, a percusión, a danza africana e a participación directa do público. A través dunha linguaxe visual e sen palabras, descubriremos que non somos tan distintos os uns dos outros.

A actuación tamén forma parte da programación cultural subvencionada polo Programa da Rede Cultural da Deputación da Coruña: 
http://facebook.com/Culturadac

Portal cidadán de Laxe © by Abertal