Foro de debate aberto na páxina do facebook xeral do Concello de Laxe:
https://www.facebook.com/profile.php?id=100009160238645
#DíaMundialdoTeatro
Con motivo da celebración do #DiaMundialdoTeatro, compartímosvos o acceso á #Teatroteca, páxina con máis de 1.500 obras de #teatro #gratuíto en streaming tan só por rexistrarse:
http://teatroteca.teatro.es
A Teatroteca é unha medioteca creada polo Centro de Documentación Teatral, pertencente ao Ministerio de Cultura e Deporte. As obras están dispoñibles en castelán, galego e o resto de idiomas do Estado (segundo o idioma no que se representou la obra).
Como aínda nos quedan uns cantos días de confinamento...
"Laxeconsello": #Quedanacasa e goza do teatro virtual!
OUTRAS PROPOSTAS DE CONTIDO CULTURAL
LECTURA:
2 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
O Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, creador dalgúns dos contos clásicos infantís máis lidos en todo o mundo como o "Patito Feo", "Pulgarcita", "o Soldado de Chumbo" ou a "Sireniña", algúns deles levados ao teatro e á gran pantalla.
Foi un escritor, abocado á literatura infantil, coñecida ademais nos cinco continentes, sendo os seus libros traducidos a máis de oitenta idiomas.
"Laxeconsello": #gozadalecturanestesdíasdeconfinamento
https://catalogo.galiciale.gal/
IDEAS E ACTIVIDADES PARA OS MÁIS PEQUENOS/AS DO FOGAR
https://www.escolasinfantisdegalicia.es/aescolainfantilnacasa/
6 de abril
Comparte na rede, entrando na conta do facebook do concello !!
#DíaInternacionaldaDanza
Dende o Departamento de Cultura, hoxe suxerímosvos que vexades e bailedes co grupo Pesdelán neste #DíaInternacionaldaDanza.
Unha compañía das que, moi probablemente, estaría entre as nosas propostas culturais para a programación deste ano e que, moi ó noso pesar, verémonos na obriga de ter que pospoñer ata o ano que vén.
Que gocedes do espectáculo!
Enlace ó video: Bailemos no salón, por Pesdelán
<< | < | Xaneiro de 2021 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |