APRAZADAS ATA NOVO AVISO AS ACTUACIÓNS DE PÍSCORE e TALÍA TEATRO polas circunstancias actuais da pandemia da COVID-19.
Agardamos poder confirmar as novas datas destes espectáculos o máis axiña posible.
O ESPECTÁCULO
O cardume é un espectáculo para todos os públicos que combina a narración oral coa música en vivo. Onde o público participa da narración, converténdose en ocasións en protagonista da mesma.
En escena, unha narradora e un músico achégannos historias onde as personaxes levan a diversidade como bandeira. A través dos obxectos e melodías iremos descubrindo un mundo onde todas sumamos.
SINOPSE
Antes de nacer xa era diferente por iso percorreu un camiño sorprendente. Noites e días foron pasando e fermosos lugares foi atopando. Subir, baixar, baixar, subir canto camiño queda aínda por vivir.
Canta xente por coñecer, achégate e anímate a percorrer!
FICHA
Dirección: Atenea García e Nicolás Zamorano
Interpretación: Atenea García e N. Zamorano
Vestiario e atrezzo: Nicolás Zamorano
Produción: Xarope Tulú, compañía adicada ás artes escénicas para pequenas e pequenos, fundada no ano 2015 pola actriz Atenea García e o músico Nicolás Zamorano.
<< | < | Xaneiro de 2021 | > | >> | ||
---|---|---|---|---|---|---|
L | Ma | Mé | X | V | S | D |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |