20/04/2020 BANDEIRA AZUL NA PRAIA DE LAXE (VERÁN 2020)

Adeac acaba de confirmarnos que este ano 2020 a Bandeira Azul volverá lucir e ondear na Praia de Laxe.

A CAMPAÑA BANDEIRA AZUL

Esta praia foi galardonada coa Bandeira Azul. A Bandeira Azul é un galardón ambiental concedido a aqueles concellos, que realizan un especial pulo na xestión do entorno litoral das súas augas interiores e/ou das súas praias, dun xeito respetuoso co medio ambiente e a natureza. Para obte-la Bandeira Azul, a comunidade local e as súas praias teñen que cumprir unha serie de criterios, que fan referenza á calidade das augas de baño, a información e a educación ambiental, a seguridade e os servizos e instalacións.  

Este pulo da comunidade local garantízalle poder visitar coa súa familia entornos limpos e seguros no litoral de mares e lagos a nivel mundial, así coma, contar con probas de que a comunidade local manten eixos para un desenvolvemente sostible.

ALGUNS DATOS SOBRE A BANDEIRA AZUL

A Bandeira Azul foi creada e é concedida pola FEE (Fundación para a Educación Ambiental), entidade privada constituida e representada por unha Organización Non Gubernamental ambiental en cada un dos 40 Estados participantes.  

• A Bandeira Azul é un galardón á calidade ambiental de praias e peiraos.

• Únicamente as autoridades locais poden solicita-la Bandeira Azul para praias.

• A Campaña promove a participación e cooperación en iniciativas ambientais voluntarias, por parte da cidadanía local e visitante e dos distintos axentes implicados no sector do turismo e no do medio ambiente.

• A Bandeira Azul para praias envolve principalmente 4 áreas principais:  

1) Calidade das augas de baño;
2) Información e educación ambiental;
3) Xestión ambiental;
4) Seguridade, servizos e instalacións.  

• Os criterios da Campaña van evolucionando e fanse progresivamente máis exixentes, de xeito que os concellos participantes na Campaña non decaian no seu esforzo para resolver aqueles problemas ambientais máis salientables relacionados coa obtención da Bandeira Azul.

• A concesión da Bandeira Azul só é válida cando se cumpren os criterios demandados. Se estes deixan de cumplirse en algún momento, os responsables da praia a nivel local están na obriga de arria-la Bandeira.

• Cada organización nacional membro da FEE, en España ADEAC, inspecciona en verán os emprazamentos con Bandeira Azul. A Coordinación Internacional, asemade, realiza visitas de control a unha mostra das praias galardonadas.

ADEAC - Asociación De Educación Ambiental e do Consumidor

ADEAC (Asociación De Educación Ambiental e do Consumidor) é unha das cinco asociacións europeas sen ánimo de lucro cofundadoras, no ano 1982, da FEE ( Foundation for Environmental Education).

ADEAC constitúe, por tanto, a rama española da FEE, e é a organización responsable do desenvolvemento en España dos programas internacionais Bandeira Azul, Ecoescuelas, Novos Reporteiros para o Medio Ambiente e Chave Verde.

ADEAC conta cunha Xunta Directiva composta dun Presidente, tres Vicepresidentes e unha Secretaria Xeral. Celébrase unha Asemblea Xeral Anual.

CONTACTO: 

ADEAC
C/ General Lacy, 3 Portal 1-1ºB 
28045. MADRID.

Teléfono: +34 91 435 31 47
Correo Electrónico: banderaazul@adeac.es

LIGAZÓNS E DESCARGAS

Portal cidadán de Laxe © by Abertal