12/09/2019 CONVOCATORIA PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DUNHA PERSOA QUE REALICE TAREFAS DE OPERARIOS DE SERVICIOS MÚLTIPLES NO CONCELLO DE LAXE

O obxecto da convocatoria é a contratación laboral temporal, na modalidade de “obra ou servizo determinado”, e utilizando o concurso-oposición como sistema de selección, dunha persoa que realice tarefas de operario de servizos múltiples no Concello de Laxe durante un período de tempo de dous (2) meses para realizar tarefas de axuda e reforzo das que teñen encomendadas os operarios de servicios municipais.

Aprobación da lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas á convocatoria de selección dunha persoa que realice as tarefas de operario de servizos múltiples [19/09/2019]

Publícase o xoves 19 de setembro o decreto de aprobación da lista provisional de persoas aspirantes admitidas e excluídas á convocatoria de selección para a contratación laboral temporal dunha persoa que realice as tarefas de operario de servizos múltiples no Concello de Laxe.

Descargar pdf anexo para máis información.

Relación de Aprobados

Publicase o 23/09/2019 a relación de aprobados deste proceso selectivo.

Nomeamento operario de servizos múltiples no Concello de Laxe

O 26/09/2019 publicase o decreto de nomeamento de operario de servizos múltiples ao abeiro desta convocatoria. Descargar o pdf anexo para maior información. 

Portal cidadán de Laxe © by Abertal