26/10/2020 CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN (1) PEÓN-OPERARIO DE OBRAS E SERVIZOS MÚLTIPLES

[Actualizado a 11 de novembro - última modificación]

CONVOCATORIA DO PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACIÓN DUN (1) PEÓN-OPERARIO DE OBRAS E SERVIZOS MÚLTIPLES DO CONCELLO DE LAXE BAIXO A MODALIDADE DE CONTRATO TEMPORAL POR ACUMULACIÓN DE TAREFAS

As principais funcións que terán que realizar serán as seguintes:

- Realización de traballos de limpeza e mantemento das vías municipais e espazos naturais
- Realización de traballos de xardinaría e desbroce
- Realización de traballos análogos que sexan asignados polo superior relacionadas coa misión propia do posto ou que resulten necesarias por razóns do traballo.

Prazo de prestación: dez (10) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación destas bases no BOP. (BOP núm: 179 do 26/10/2020)

Enlace BOP: https://bit.ly/3e0PrbM

NOMEAMENTO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR

Data: 02/11/2020

Publícase a composición do tribunal cualificador.

Data: 09/11/2020

Faise pública a convocatoria do tribunal cualificador do proceso selectivo para a contratación dun (1) peón-operario de obras e servizos múltiples do Concello de Laxe baixo a modalidade de contrato temporal por acumulación de tarefas.

ACTA DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS, E INICIO DO PROCESO SELECTIVO

Data: 11/11/2020

Publícase a acta de aprobación da lista de admitidos e excluidos do proceso selectivo para a contratación dun peón operario de obras e servizos múltiples do Concello de Laxe, baixo a modalidade de contrato temporal por acumulación de tarefas. 

Portal cidadán de Laxe © by Abertal