31/10/2019 "OS RAP-OSIÑOS DE LAXE", FINALISTAS DO CONCURSO QUERO CANTAR 2019 QUE PROMOVE A DEPUTACIÓN DA CORUÑA

É para nós un pracer comunicar o resultado da primeira votación do xurado electo para decidir os finalista da IV edición do Concurso de Quero Cantar que a Deputación Provincial da Coruña convocou para este ano 2019, pois A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE LAXE ESTÁ ENTRE OS SEUS FINALISTAS.

O CONCURSO “QUERO CANTAR” DE MÚSICA INFANTIL E XUVENIL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA, ten a intención de promocionar e difundir o uso da lingua galega e a creatividade poética e musical.

O grupo que se presentou ó concursoOS RAP-OSIÑOS, está composto por 12 rapaces pertencentes á Escola Municipal de Música de Laxe que dirixe Victor Manuel García Pose, profesor de dita escola dende o ano 2003.

O tema presentado ó certame, titúlase "PANCHITA BLUES". É unha peza musical, visual e vocal creada e composta por e para dito concurso, baseada na historia real da existencia da personaxe inspiradora, "Panchita", unha de tantas raposas que visitaba o noso Concello fai anos.

Dende o Departamento de Cultura do Concello, estamos a preparar todo para a GALA FINAL QUE TERÁ LUGAR O DOMINGO 24 DE NOVEMBRO NO TEATRO COLÓN DA CORUÑA, onde os RAP-OSIÑOS DE LAXE,xunto cos outros 5 finalistas, interpretarán en directo os diferentes temas onde un 2º xurado, elixirá 3 gañadores.

Os premios ós que opta a Escola Municipal de Laxe, ademáis da  " Gravación en estudio da canción e edición no CD denominado Quero Cantar 19", son os seguintes:

1º clasificado en cada categoría:*Gravación dun videoclip da canción gañadora*Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil,xogos..) por valor de 1.500,00 €.

2º clasificado en cada categoría:*Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil,xogos..) por valor de 1.000,00 €.

3º clasificado en cada categoría:*Material musical (instrumentos, equipamento...) e/ou produtos culturais en galego (libros, discos, cine, téxtil,xogos..) por valor de 500,00 €.


Portal cidadán de Laxe © by Abertal